martes, 31 de agosto de 2010

FESTA XIRONSA 2010



Outro ano mais a asociación cultural Xironsa de Corvillón, organizóu o seu dia de festa, no que os asistentes, disfrutaron dende a comida ate case que o almorzo xa que para os lles apeteceu disfrutar da compaña, a festa rematou as 4:30 da maña despois de recoller todo con moita ledicia, que Boa Xente esta. O dia comenzou cunha alborada a cargo dos menbros do grupo que tiverón interes en asistir a ela, precedendo asi a un xantar popular no campo da festa no que todos os amig@s e membr@s do grupo disfrutaron, enlazando asi dita cita gastronomica coa tarde adicada os xogos populares, xogos que tiveron unha gran acollida entre os mais cativos e os menos cativos da casa, coma todolos anos.
Entre o lusco e o fusco comenzaron as actuacións.
Primeiro do propio grupo na que houbo unha gran participacion devido as numerosas estreas de novos membr@s. Seguido do grupo de Manso e os seus amigos dos que non fai falla dicir nada, a vella escola e o que ten. E chegados ata aqui, facemos unha reseña a un cuarteto de amigos coma son BoudeBou cales non poideron asistir deixando asi a oprtunidade de presentarse a un novo grupo que esperemos que dean sorpresas mais no futuro, chamados, OS LAGARTOS DE TRAGOVE. Composto por membros do grupo, que amenizaron a festa cun prcioso repertorio de repichocas populares, parabens amigos. E pechando asi o esceario o cuarteto Canivela ( sen o A) deleitounos coa sua actuación.
Sinto enrollarme tanto, xa sabedes como son. un pracer.

BENVIDOS O BLOG DE XIRONSA

Como estamos nun momento no que o grupo conta com moitos compoñentes, con intereses moi diversos, como son os dos alumnos de acordeon, os de baile, os de pandeireta, os de percusion,os de gaita, os colaboradores os amigos e demais. Decidinme a facer este blog para que asi todos podamos aportar cousas, ideas, noticias, fotos, historias e o que vos pete. Espero a vosa colavoracion, ide facendovos seguidores que eu xa mirarei a forma de que todos poidamos facer entradas e deixar escritos os nosos artigos.
UN SAUDO.