martes, 31 de mayo de 2011

XII Encontros de Música Tradicional Mosteiro de Carboeiro

Xoves, 26 Maio 2011 09:39

Un ano máis, os e as amantes da cultura tradicional teñen unha cita no Mosteiro de Carboeiro. A
Asociación Intercultural Santa Ferreña organiza de novo os Encontros, como cada primeiro sábado
de xuño. Unha festa que sae da xente e para a xente.
Este sábado 4 de xuño, como todos os anos (e xa van doce) hai unha cita coa música tradicional no Mosteiro de Carboeiro: unha festa onde non hai artistas convidados, senón que calquera que vaia pode tocar, botar unhas coplas ou sacar uns puntos. “Todo isto sae de xente que achega o seu traballo, o seu compromiso coa cultura tradicional”, din dende a asociación Santa Ferreña. Artesás, bailadores, músicos, teatreiras, ou simplemente xente que se achegue a gozar da festa e participar son os auténticos protagonistas.
(Prema no titulo para ler a nova ao completo)
Este ano, o programa comeza, como de costume, cunha sesión vermú amenizada por músicos da bisbarra, e non han faltar bailadores e bailadoras de Toutón, Zobra, Santa Comba e Tordoia. Á 13.00 terá lugar unha
representación teatral, “O soño de Prisciliano”, a cargo da compañía nacida do proxecto PortuGaliza, un proxecto de intercambio xuvenil transfronteirizo en que participan a Casa da Juventude de Amarante (Portugal), a Asociación Itaca de Compostela, a Aula de Teatro Ánxel Casal, de Arzúa, e a Asociación “Brisas do Quenllo”, da Pontraga.
Por outra banda, será entón cando saia en procesión a Santa Ferreña, unha santa pagá co sorriso na cara, paniño na cabeza, e pandeireta na man, acompañada polos cabezudos de Viravolta, seguindo o costume das procesións do Corpus de Santiso e Laro. Pero antes hai que poxar as andas... Os postos para levar a santa serán para quen máis pague por eles, seguindo tamén a tradición. E logo desta procesión, dará comezo o xantar popular, con empanada, carne ao caldeiro e queixo con marmelo, amais de pan, viño ou auga e café “con gotas”.
Xa pola mañá abrirán ao público as exposicións. Baixo o título “Prebe Probe” e coa colaboración de Xavier Blanco (Moaña), Diego da Molinera (Lalín), o Centro Etnográfico de Terra de Montes (Soutelo de Montes), o Museo da Marioneta-Casa do Títere de Lalín, o Museo do Pobo Galego, e a Casa do Patrón de Doade, a mostra abrangue todo ese acervo relacionado co enxeño que dá ter poucos medios: dende instrumentos pobres, da man de Xavier Blanco, ata receitas “pobres”, a exposición percorre a inventiva de cando non había cartos, pero con catro cousas que había nas casas facíase festa: se non había para pandeiretas, pratos e botellas eran bo instrumento, e con pouca cousa facíanse pratos gorentosos. “Agora que estamos coa palabra “crise” na boca”, din dende a Santa Ferreña, “cómpre lembrar que tempos peores se teñen pasado, pero os galegos somos expertos en sacar alegría de onde sexa”.
Non ha faltar a feira de artesanía (coiro, prata, abelorios, cerámica...), e, xa pola tarde, para facer a dixestión, á parte de botar unhas bailas, haberá xogos tradicionais para cativos e non tan cativos, con Xandobela, Itaca , e Luchi & Quintá. Tamén haberá unha visita guiada ao Mosteiro, con Tesouros Novos. Celsiño F. Sanmartín, conta contos que leva ben anos investigando na tradición oral, achega os seus contos, “come comida E colle o que comas”. E Xavier Blanco, gaiteiro de Moaña que recupera instrumentos que quedaran esquecidos na tradición, fará unha representación didáctica cos seus instrumentos “pobres”. Leva a Escola Obradoiro de Instrumentos Musicais Tradicionais de Moaña, e ten o CD “Instrumentos pobres”, onde recolle pezas vinculadas aos oficios e labores, que se interpretaban con utensilios diversos (lata de pementón, vasoiras, cazos, botellas...) para facer máis levadeiro o traballo, ou cantares que se acompañaban con instrumentos rudimentarios (galla, cabaza, asubíos...).
E xa ao que se vaia facendo da noite, comezará a foliada, que durará... Ata que o corpo aguante. Como di a Santa Ferreña... Viva a xuventude e a xente vella que non morra!
Unha homenaxe ás Santas Ferreñas de verdade Cabe salientar que este ano, as protagonistas do cartel son moi especiais: se outros anos era xente da organización quen saía, este ano son Celsa, Amparo e Hortensia, tres pandereteiras de Zobra que nunca faltaron aos Encontros dende o principio. Están lavando na fonte os coiros e sacándolle brillo ás ferreñas: do mesmo xeito que cando hai festa limpamos a casa toda e sacamos as mellores galas, elas están a prepararse para Carboeiro. Levan na cabeza unha aura de Santa Ferreña, “porque elas, para nós, son santas Ferreñas”, din dende a asociación. Elas tres encarnan o espírito destes encontros: a tradición viva, o facer a festa dende nós, coas nosas mans, gorxas e corpos.
Asociación de Gaiteiros Galegos

jueves, 19 de mayo de 2011

sábado, 14 de mayo de 2011

8º Ramón Cabanillas, Organizado pola asociación de libreiros de Cambados

Outro ano mais as librerias Contos e Ramón Cabanillas organiza  a gala do 8º do nomeado premio. Este ano o galardoado e Emilio Ínsua, un Cambades de adopción e natural de Viveiro, que ademais e pai dun das novas incorporacións do grupo. Como ben di un dos seus organizadores; "GALA DO 8º PREMIO RAMÓN CABANILLAS, SÁBADO 14 NO AUDITORIO DA XUVENTUDE, CON MOITA MÚSICA E POESÍA. AO REMATAR HABERÁ CEA NO RESTAURANTE TRAIÑA CO PREZO DE 20 EUROS. OS INTERESADOS INFORMARSE NAS LIBRARÍAS R.CABANILLAS E CONTOS" espero que asistades para disfrutar e acompañar a esta xente que con tanto cariño organiza desinteresadamente esta gala ano tras ano. 

martes, 3 de mayo de 2011

aSALTO BAILE EN mARIN

Baile Assalto

Baile Assalto
Lugar: Praza de Abastos. Marín
Prezo: de balde
7 de maio de 2011 20:00 h - 22:00 h
Tarde de baile e música popular na Praza de Abastos de Marín con Pedro Pascual, Carlos Quintá e Benxamín Otero e Marcelo González coma guía de baile. Este baile está dentro das actividades para dinamizar o renovado espazo multiusos.
O Baile Assalto é unha festa aberta nun local urbano que consiste nun encontro non competitivo para bailar coa música popular. Música ao vivo con grupos de música tradicional: acordeóns, violíns, percusión, zanfona, gaitas,... que interpretan ritmos bailabeis soltos (jotas, muiñeiras) e agarrados (valses, polcas, mazurkas,chotis,...) da música galega con incursións en ritmos europeos (an dro, bourrée,...).
Unha boa festa para músicos, bailaríns e “miróns” que poden participar desde a barra do bolinche desfrutando do baile dos demais.
De seguido, varios grupos de músicos interpretarán diferentes pezas e os temas estarán guiado por unha persoa que anuncia os ritmos e que guia o baile.
Trátase dunha excusa para divertirse rememorando as festas nas que os nosos avós “quedaban” para bailar.