martes, 3 de mayo de 2011

aSALTO BAILE EN mARIN

Baile Assalto

Baile Assalto
Lugar: Praza de Abastos. Marín
Prezo: de balde
7 de maio de 2011 20:00 h - 22:00 h
Tarde de baile e música popular na Praza de Abastos de Marín con Pedro Pascual, Carlos Quintá e Benxamín Otero e Marcelo González coma guía de baile. Este baile está dentro das actividades para dinamizar o renovado espazo multiusos.
O Baile Assalto é unha festa aberta nun local urbano que consiste nun encontro non competitivo para bailar coa música popular. Música ao vivo con grupos de música tradicional: acordeóns, violíns, percusión, zanfona, gaitas,... que interpretan ritmos bailabeis soltos (jotas, muiñeiras) e agarrados (valses, polcas, mazurkas,chotis,...) da música galega con incursións en ritmos europeos (an dro, bourrée,...).
Unha boa festa para músicos, bailaríns e “miróns” que poden participar desde a barra do bolinche desfrutando do baile dos demais.
De seguido, varios grupos de músicos interpretarán diferentes pezas e os temas estarán guiado por unha persoa que anuncia os ritmos e que guia o baile.
Trátase dunha excusa para divertirse rememorando as festas nas que os nosos avós “quedaban” para bailar.

No hay comentarios: