domingo, 24 de octubre de 2010

German Diaz

Recomendovos ir saborear un concerto, e asi sentir a delicadeza co que este ilusionista dos sons trata as melodias. German Diaz Espero gostedes da audición.


Sede felices.

sábado, 23 de octubre de 2010

RADIOCOS

Chamase Xurxo Fernandes e adicase entre outras cousas a recoller e transmitir, o noso patrimonio oral, en forma de cantigas, neste caso canta en hispanoxudeo, co grupo Radiocos. Espero saibades saborear.



Obrigado compaleiro.

ESTA E A MIÑA PRIMEIRA ENTRADA

Este e un instrumento de nova creación nado arredor do ano 2000.
chamase HANG DRUN.

viernes, 22 de octubre de 2010

Estando e buscando.

Andaba na rede buscando información sobre os Trinta de Trives, topei con esta video do pasodobre que alguns xa coñecedes.

lunes, 18 de octubre de 2010

Voy probar poñendo un enlace...

http://picasaweb.google.es/sitasaborido/Caritel2010

Caritel 2010 by Sita

 

 

 

 
Posted by Picasa

A miña experiencia en Caritel

Tendo en conta que é a miña primera ruta de "senderismo" quixera expresar aqui as miñas impresións ó respecto. Dicir que eu andar ando o xusto, por traballo bastante e no meu tempo de ocio o típico, paseos marítimos ou similares. Cando Nacho espuxo a súa intención teño que confesar que non as tiña todas conmigo, nin no tema de Breo, reacio a calquer tipo de deporte e a andar en xeral, nin por min! él falaba de 14 km como quen fala do tempo! jajaja. O final decidimos ir, non íbamos a quedar de vagos! jaja asi que preparamos todo según indicacións, solo bacadillos e auga! non sobrecargar as mochilas que hai que cargar con elas... madrugón para levar á nena a Carril a casa da abuela e chegar puntual as 9:30 ó parking do Eroski. Organizar coches, nenos que non ían cos pais, etc. Conseguimos sair tarde, pero saimos, solo que como non entendemos ben as indicacións non foi Nacho diante, asi que nos acabamos perdendo, pero bueno, poñendo bo empeño conseguimos chegar a dichosa igresia. A saida moi ben, todo costa abaixo por camiños tan preciosisimos como pedragosos e angostos, as paixases, como a maioria na nosa terriña, inigualables, o aire, as carballeiras, os rios, os riachuelos, vamos para disfrutar con moita ilusion e agradecemento a quen nos anima a facer este tipo de cousas! O Monte! as subidas! as baixadas! as corredoiras! as casas! TODO PRECIOSO! o único que podería dicir en contra e quizais o exceso de paradas que fixemos sobre todo nos comenzos... pero bueno, é entendible dado o número de xente que fomos, e os distintos ritmos que somos capaces de levar cada un.
En resumen una experiencia que gardarei no recordo que si hai outra, dispois dun descanso considerable jajaja, volvereime a apuntar, por suposto, eso si! levarei algo doce, cocacola ou chocolate! xa se sabe, algo hai que ir aprendendo jaja e sobre todo, levarei calzado acorde, aqui a menda foi de tenis, e sobra dicir que aparte das dores musculares (que pensei serian mais) hai que añadir as prantas dos pes con tanta pedra!!! o os tobillos, que forcei para evitar máis danos nas prantas! e encima rompin as suelas dos tenis!

Gracias Nacho por darnos ideas e encima, levalas a cabo no teu tempo libre aguantando a unha pandilla de sedentarios coma nos! estamos listos para a próxima! jajaja

Saudos a todos

Aqui quedan unhas poucas a espera de mais fotos.

XIRONSA PATEA CARITEL

Parabens a este grupo de intrepidos e aventureiros que lle botaron peito e moito humor, este domingo dia 17/10/2010, para asi percorrer as vellas ( ou bellas, tamen cabe dicilo)  corredoiras, camiños e pasantias que antes habia que percorrer para desprazarse dun lugar a outro. Espero que todos os camiñantes houbesemos descuberto ou recordado algo novo da nosa xeografia e vexetación que nos caracterizou e caracteriza coma pobo. E que en tempos fixo que aqui se conservasen as costumes duranate mais tempo pola, xa comprobada, dificultade que habia para desprazarse e comunicarse. Xa en menor maneira, devido a esta abrasiva pavimentación que nos caracteriza, e veña asfalto(a todos nos justa ir en coche do sofá o baño inda que non haija aparcamento). Tamén comprováchedes que estes camiños, en case toda a súa totalidade, están en deshuso e é unha pena perdelos aínda que están condeados. Se vos gustou, para a primaveira que ven, poderíamos aventurarnos con outra, pero deixo nas vosas mans decidilo. Para os que non viñechedes, espero que vos corroa a envexa cando os valentes camiñantes vos conten as aveturas desta fermosa viaxe.
Unha aperta a todos.

-En breve escomezaremos a colgar fotos, arriba á dereita, hai unha ligazón que pon fotos do grupo de cor lila.

viernes, 15 de octubre de 2010

ESTE E O CAMIÑO A CARITEL


Ver mapa más grande

Recordade, a saida sera este domingo dia 17 as 9:30 da mañ, pregase puntualidade para asi non demorar a volta.
Non levar moito peso sobretodo os rapaces.

lunes, 11 de octubre de 2010

JOSE MARENTES

Este e un gaiteiro da Fonsagrada do cal xa vos falei nas clases. Aqui vos deixo unha ligazón para que vexades o pograma Alalá adicado a este artista.




sábado, 2 de octubre de 2010

MUSICA Y ARENA


Votadelle un ollo a o video que colgaron os amigos de Abiñadoira. O talento non o rejalan co priodico.

MYSPACE VERTEDEROSONORO

Escoitade as pezas que non teñen desperdicio, todo con instrumentos feitos na casa con materiais reciclados. http://www.myspace.com/vertederosonoro 
Con ganas todo se fai.

MUIÑEIRA CASCAREXA

viernes, 1 de octubre de 2010

Faite o teu instrumento.

A asociación propón que, de cara o Nadal se faga unha mostra da orixinalidade dos seus menbros, a hora de construirse un  instrumento. Ben sexa con materiais reciclados, ou o que se vos ocorra, "NON SÓ E PRA NENOS". A presentación dos instrumentos sera durante a festa de nadal, no que cada lutier devera facelo soar e incluso interpretar algunha peza.
Habera un agasallos para os mais currados aparte do recoñecemento de todos.
ABURRIDO O QUE NON PARTICIPE.

Aqui vos deixo unha paxina con algunhas ideas, moita sorte
. VERTEDERO SONORO

¡¡¡ATECIÓN CAMBIO DE HORARIO!!!

As clases de gaita que ata o de agora se viñan inpartindo os Luns, pasan a ser os Martes dende XA.
Sinto as molestias. Gracias

17 de outubro camiñamos por Caritel

 Domingo 17 de outubro
QUEDAREMOS NO APARCADOIRO DO EROSKI ÁS 9:30.
 Para asi chegar a Caritel as 10:30. Levade un bocata unha peza de fruta e unha pouca auga, non fai falla mais que non vamos po Sahara. Tamen e recomendable levar unha muda de calcetins e calzado para deixar no coche, sempre nos podemos mollar ou "suar". Recordade son 14KM.
Non vos ovidar de anotar nas horas de ensaio.

20 de Novembro magosto popular na casa da cultura.

O 20 de Novembro volvera a organizarse un magosto na casa da cultura, este ano ademais contaremos coa colaboración da Comparsa da ILLA da AROUSA. Moitas gracias compañeiros. Coma sempre habera xogos, catañas, festa e sera tamen a data limite para  PRESENTAR AS POSTAIS DE NADAL DO CONCURSO. Ese dia escollerase unha que logo usarase para felicitaelle o nadal a todos.

Alberto Coya e Roi Adrio

Mirade o tamborileiro