lunes, 20 de diciembre de 2010

Noticia publicada no blog de ABIÑADOIRA

Foi topado no "Arquivo do Estado Ruso de Cine Documental e Fotográfico" , en Krasnogorsk, Rusia, un documental que chega a ta nos co título de "Galicia".
Constaría o documental de 36 min. de imaxes dos que 16 se corresponden con Galicia.

Aparecen imaxes das Rías Baixas e imaxes dunha romaría na que aparecen gaiteiros, zanfona...
A autoría do documental é de Carlos Velo, nado en 1909 en Cartelle, Ourense e desaparecido no 1988, os 78 anos de idade, en México.

 O documental recibiu en 1936 o Diploma de Ouro na Exposición Internacional de París, otorgado por un xurado presidido por Luis Buñuel.
No documental aparecen tamén créditos debuxados por Castelao pero que parece ser que na cortometraxe conservada non se mostraban. ABIÑADOIRA

domingo, 12 de diciembre de 2010

e-trad: Audición das diferentes especialidades instrumenta...

e-trad: Audición das diferentes especialidades instrumenta...: "Día 17 de decembro de 2010 Duración 3 horas, de 18:30h a 20h Salón de actos da e -Trad Entrada libre ata completar aforo Primeira Audi..."

e-trad: Monográfico: As bandas de música populares, murgas...

e-trad: Monográfico: As bandas de música populares, murgas...: "Día 28 de xaneiro de 2011De 17h a 20h (3h)Salón de actos da e-Trad50 prazasTeóricoÚltimo día de matriculación o 21 de xaneiro 2011 (na ofici..."

e-trad: Monográfico: A harmonía básica na música tradicion...

e-trad: Monográfico: A harmonía básica na música tradicion...: "Día 14 de xaneiro de 201117h a 20h (3h)Aulas da e-Trad25 prazasÚltimo día de matriculación o 17 de decembro do 2010 (na oficina da e-Trad de..."

e-trad: Curso: Laboratorio de composición e arranxos. Anxo...

e-trad: Curso: Laboratorio de composición e arranxos. Anxo...: "Días 21 e 28 de xaneiro de 2011 De 17h a 20h (6h) Aulas da e-Trad 20 prazas Teórico e práctico Último día de matriculación o 14 de xaneiro 2..."

sábado, 11 de diciembre de 2010

FETIVAL DE NADAL ABIÑADOIRA 2010

O sabado 18 de nadal, a asociación cultural Abiñadoira organiza o seu festival de nadal, no pazao Emilia Pardo Bazan, ademais da xa abitual cea. A cal se queredes asistir devedes de anotarvos e apoquinar 20€, por persoa.

jueves, 9 de diciembre de 2010

Monográfico na E-trad sobre: A harmonía básica na música tradicional, impartido por :Carlos Quintá

Día 14 de xaneiro de 2011
17h a 20h (3h)
Aulas da e-Trad
25 prazas
Último día de matriculación o 17 de decembro do 2010 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)


Este está adicado a tod@s aquel@s que queiran afondar mais sobre o emprego da harmonía na música tradicional: grados a empregar, recursos, instrumentación ... Complementario ao curso: Laboratorio de composición e arranxos. Anxo Pintos.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

EN PONTEVEDRA

MonogrAFIco de Hip Hop

07/12/2010
Hip hop, a xuntanza das artes . Obradoiro para rapaces e adolescentes maiores de 13 anos que aprenderán poesía, escenificación, canto, rima, deshinibición e verso. Serxio Regos "García" leva varios anos impartindo este obradoiro com amplo suceso. Serán os sábados 11 e 18 de decembro de 2010 de 12 a 14 horas.

García Mc, conducirá este obradoiro para adolescentes onde se falará das raíces da Cultura Hip Hop e se romperán os muros da incomunicación a través do uso da palabra ke anda, da poesía interna ao ritmo da música, a través de mundos reais e posibles ke levamos dentro.
A través do faino ti mesm@, rapéao!!



Serxio Regos "García", membro do Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew, anteriormente formou parte da formación rapeira Ghamberros e actualmente dos Labregos do Tempo dos Sputniks ou en solitario así como diversos proxectos emerxentes.

AQUI VAN UN PAR DE VIDEOS:
Este e o Garcia