lunes, 20 de diciembre de 2010

Noticia publicada no blog de ABIÑADOIRA

Foi topado no "Arquivo do Estado Ruso de Cine Documental e Fotográfico" , en Krasnogorsk, Rusia, un documental que chega a ta nos co título de "Galicia".
Constaría o documental de 36 min. de imaxes dos que 16 se corresponden con Galicia.

Aparecen imaxes das Rías Baixas e imaxes dunha romaría na que aparecen gaiteiros, zanfona...
A autoría do documental é de Carlos Velo, nado en 1909 en Cartelle, Ourense e desaparecido no 1988, os 78 anos de idade, en México.

 O documental recibiu en 1936 o Diploma de Ouro na Exposición Internacional de París, otorgado por un xurado presidido por Luis Buñuel.
No documental aparecen tamén créditos debuxados por Castelao pero que parece ser que na cortometraxe conservada non se mostraban. ABIÑADOIRA

No hay comentarios: