miércoles, 24 de noviembre de 2010
Culturgal en Pontevedra
Presentación
Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é un evento único, de periodicidade anual, que congrega aos distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías...
Articúlase como un espazo permeable, coas portas e ventás abertas para o diálogo directo entre a cultura e a sociedade, que conxuga o encontro profesional coa presentación, promoción e venda aberta ao público de produtos e servizos. Propón á vez un lugar de encontro dos axentes do sector, para favorecer e promover a colaboración e o apoio mutuo entre profesionais, e un lugar de exhibición cunha programación de actividades variadas dirixidas a públicos diversos.
Constitúe emporiso a mellor radiografía dun sector industrial cohesionado, forte, dinámico e moderno e o mellor escaparate da oferta cultural do país nas súas diferentes versións, soportes e sectores.
Culturgal é un esforzo colectivo para situar a identidade cultural galega na contemporaneidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario