martes, 3 de mayo de 2011

aSALTO BAILE EN mARIN

Baile Assalto

Baile Assalto
Lugar: Praza de Abastos. Marín
Prezo: de balde
7 de maio de 2011 20:00 h - 22:00 h
Tarde de baile e música popular na Praza de Abastos de Marín con Pedro Pascual, Carlos Quintá e Benxamín Otero e Marcelo González coma guía de baile. Este baile está dentro das actividades para dinamizar o renovado espazo multiusos.
O Baile Assalto é unha festa aberta nun local urbano que consiste nun encontro non competitivo para bailar coa música popular. Música ao vivo con grupos de música tradicional: acordeóns, violíns, percusión, zanfona, gaitas,... que interpretan ritmos bailabeis soltos (jotas, muiñeiras) e agarrados (valses, polcas, mazurkas,chotis,...) da música galega con incursións en ritmos europeos (an dro, bourrée,...).
Unha boa festa para músicos, bailaríns e “miróns” que poden participar desde a barra do bolinche desfrutando do baile dos demais.
De seguido, varios grupos de músicos interpretarán diferentes pezas e os temas estarán guiado por unha persoa que anuncia os ritmos e que guia o baile.
Trátase dunha excusa para divertirse rememorando as festas nas que os nosos avós “quedaban” para bailar.

miércoles, 6 de abril de 2011

Este sabado a orquesta folk Sondeseu en vilagarcia

A orquestra folk promete «moita alegría» para a actuación que ofrecerá este sábado, a partir das nove, no auditorio

Sondeseu
é, como onte explicaba un dos seus integrantes, Xaquín Xesteira, o froito dunha experiencia didáctica que comezou hai dez anos e que hoxe xa está asentada e con tres traballos discográficos no seu haber. O terceiro deles, que leva por título Barlovento, será o que centre a programación do concerto que este sábado a formación ofrecerá no auditorio de Vilagarcía a partir das nove da noite. A actuación inclúese na programación conxunta que desenvolven o Concello de Vilagarcía e Novacaixagalicia.

As entradas xa están á venda para quen desexe mercalas de xeito anticipado. Pódese facer a través da páxina web www.servinova.es ou chamando ao número de teléfono 902 504 500. Tamén se poderán adquirir o mesmo día da actuación na billeteira do auditorio a partir das sete da tarde. Os prezos son de oito euros na zona A, seis na zona B e tres na zona C do patio de butacas.

Sondeseu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. Con corenta músicos sobre o escenario, o seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados polos responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Naceu no ano 2001 a partir do antigo departamento de música tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, hoxe Escola municipal de música folk e tradicional. Foi concebida como unha experiencia singular que persegue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade.

Nos seus concertos interpretan «muiñeiras, xotas, pasodobles,... todo con moita alegría». Trátase dunha «celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana».

A orquestra está dirixida por Rodrigo Romaní, director tamén da sección de arpas; Anxo Pintos é o director da sección de zanfonas e presidente da Fundación Sondeseu; Xosé Liz, coordinador das seccións de requinta e bouzouki; Alfonso Franco, responsable da área de violíns; Francisco Javier Feijoo, Chisco, director da sección de canto; e Xaquín Xesteira, director das seccións de percusión e gaitas.

La Voz de Galicia

Aviso para camiñantes.

Este Domingo dia 10 se non diluvia queda programada a ruta, a quedada sera as 9:30 no parquin do eroski para facer o reparto nos coches e logo  arrancar o antes posible.
Deixovos a qui a ligazón para ver o camiño


Ver mapa más grande
e esta e a Ruta

domingo, 3 de abril de 2011

Datos sobre o Mosteiro de Carboeiro



A seguinte, o 10 de abril se todos estamos dacordo.

As famosas obras do ave cortana pola metade. Pero encambio deixanos unhas maravillosas vistas as fermosas pontes de formigón, que progrso , que pouco impacto ambiental que fan,eu de jrande quero duas.


os que queirades ir poñedevos en contacto con Nacho antes do xoves, porque ten que contactar co concello para que asi nos habran o Mosteiro de Carboeiro.

jueves, 10 de marzo de 2011

Galiciaconfidencial.com: Alfonso Tellado

Espero non ferir sensibilidades politicas con este video.Non e a miña intención. E un video dun Home que di o que pensa, non falamos de politica.(E moi triste ter que aclarar estas cousas pero a esperiencia dime que a xente e asi, eche o que ai)Nacho.
Galicia confidendial: Alfonso Tellado


A qui se da a coñecer no programa de Buenafuente


E aqui vai de convidado


martes, 8 de marzo de 2011